Uso do dispositivo como carteira
As aplicacións e servizos de carteira permítenlle almacenar no dispositivo tarxetas de
crédito e de débito, ademais doutra información, para que poida realizar pagos sen
necesidade de usar a carteira real. Tamén é posible gardar información sobre ofertas
especiais no dispositivo.
Para poder pagar co dispositivo móbil, primeiro cómpre rexistrarse nun servizo de pago
de carteira. Estes servizos pode ofrecerllos Google ou o seu operador de rede. Para
máis información sobre servizos de carteira, consulte co seu fornecedor de servizos.
Poder obter máis información sobre Google Wallet™ en http://support.google.com/
wallet/ .
Os servizos de pago por móbil poden non estar dispoñibles en todas as rexións.
107
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.