Accesos directos e cartafoles
Use accesos directos e cartafoles para xestionar as súas aplicacións e manter ordenada
a súa pantalla inicial.
1
Acceder a un cartafol que contén aplicacións
2
Acceder a unha aplicación cun acceso directo
Para engadir un acceso directo a súa pantalla de inicio
1
Toque e manteña nunha área baleira da Pantalla de inicio ata que vibre o
dispositivo e apareza o menú de personalización.
2
No menú de personalización, pulse
Aplicacións.
3
Desprácese pola lista de aplicacións e seleccione unha. A aplicación seleccionada
engádese á Pantalla de inicio.
No paso 3, tamén pode pulsar
Acc. direct. e logo seleccionar unha aplicación da lista
dispoñible. Se usa este método para engadir accesos directos, algunhas das aplicacións
dispoñibles permítenlle engadir funcionalidade específica ao acceso directo.
Para mover un elemento na pantalla de inicio
•
Toque e manteña o elemento ata que aumente e o dispositivo vibre, entón
arrastre o elemento ata a nova localización.
Para eliminar un elemento da pantalla de inicio
•
Toque e manteña un elemento ata que aumente e o dispositivo vibre, entón
arrastre o elemento ata .
Para crear un cartafol na pantalla de inicio
•
Toque e manteña unha icona de aplicación ou un acceso directo ata que se
amplíe e o dispositivo vibre, logo arrástreo e déixeo enriba doutra icona de
aplicación ou acceso directo.
Para engadir elementos a un cartafol na pantalla de inicio
•
Toque e manteña un elemento ata que aumente e o dispositivo vibre, entón
arrastre o elemento ata o cartafol.
Para renomear un cartafol na pantalla de inicio
1
Pulse o cartafol para abrilo.
2
Pulse a barra de título do cartafol para amosar o campo
Nome do cartafol.
3
Introduza o novo nome do cartafol e pulse
Feito.
20
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.