Aplicacións de navegación
Pode navegar entre aplicacións coas teclas de navegación, a barra de aplicacións en
pequeno e a ventá de aplicacións usadas recentemente, o que lle permite cambiar
facilmente entre as aplicacións usadas recentemente. Algunhas aplicacións péchanse ao
premer para saír, mentres que outras aplicacións continúan a executarse nun
segundo plano ou están en pausa. Se a aplicación está en pausa ou se está a executar
en segundo plano, pode seguir onde a deixou a próxima vez que abra a aplicación.
1
Ventá de aplicacións usadas recentemente – abrir unha aplicación usada recentemente
2
Barra de aplicacións en pequeno – abrir unha aplicación en pequeno
3
Tecla de navegación Tarefa – abrir a ventá de aplicacións usadas recentemente e a barra de aplicacións
en pequeno
4
Tecla de navegación Inicio – saír dunha aplicación e volver á pantalla de inicio
5
Tecla de navegación Atrás – volver á pantalla anterior dentro dunha aplicación ou pechar a aplicación
Para abrir a ventá de aplicacións usadas recentemente
•
Prema .
17
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para abrir un menú nunha aplicación
•
Mentres utilice a aplicación, prema .
Un menú non está dispoñible en todas as aplicacións.