Bloquear e desbloquear a pantalla
Cando o dispositivo está acendido e permanece inactivo durante un período de tempo
establecido, a pantalla escurécese para aforrar batería e bloquéase de xeito automático.
Este bloqueo evita accións non desexadas na pantalla táctil cando non está a usala. O
dispositivo xa ten establecido de fábrica un bloqueo básico de pasar o dedo pola
pantalla. Isto significa que ten que pasar o dedo en calquera dirección desde o medio da
pantalla para desbloqueala. Máis tarde pode cambiar os axustes de seguridade e
engadir outros tipos de bloqueo. Consulte
Bloqueo de pantalla
na páxina 38 .
Para activar a pantalla
•
Prema brevemente a tecla de acendido .
Para desbloquear a pantalla
•
Coloque un dedo no medio da pantalla e páseo en calquera dirección.
Para bloquear a pantalla
•
Cando a pantalla estea activa, prema lixeiramente a tecla de acendido .