Actualizar o dispositivo
Actualice o software do dispositivo co fin de recibir as últimas funcionalidades, as
melloras e as correccións de erros para asegurar un rendemento óptimo. Cando estea
dispoñible unha actualización de software, na barra de estado aparecerá . Tamén
pode comprobar se hai novas actualizacións de xeito manual.
O xeito máis sinxelo de instalar unha actualización de software é facelo sen fíos desde o
dispositivo. Non obstante, algunhas actualizacións non están dispoñibles para a
descarga mediante unha conexión sen fíos. Nese caso, para actualizar o dispositivo ten
que usar a aplicación Xperia™ Companion nun PC ou nun ordenador Apple
®
Mac
®
.
Para obter máis información sobre actualizacións de software, vaia a
www.sonymobile.com/update
.
Unha capacidade de almacenamento insuficiente pode impedir as actualizacións. Asegúrese
de que ten capacidade de almacenamento suficiente antes de tentar actualizar.
Para comprobar se hai novo software
1
Desde a pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Update Center.
3
Para comprobar se ten instalado o software do sistema máis recente, pulse
Sistema. Para comprobar se hai actualizacións para as aplicacións instaladas no
dispositivo, pulse
Actualiz..
Actualizar o dispositivo sen fíos
Use a aplicación Centro de actualizacións para actualizar o seu dispositivo sen fíos.
Xestiona tanto as actualizacións de aplicacións como as actualizacións do sistema e
tamén pode facilitar a descarga de novas aplicacións desenvolvidas para o dispositivo.
As actualizacións que pode descargar mediante a rede móbil dependen do seu
operador. Recoméndase usar unha rede Wi-Fi® en lugar dunha rede móbil para
descargar o novo software a fin de poder evitar custos de tráfico de datos.
Para descargar e instalar unha actualización do sistema
1
Desde a pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Update Center > Sistema.
3
Seleccione a actualización do sistema desexada e logo pulse .
4
Cando a descarga remate, pulse e siga as instrucións en pantalla para
completar a instalación.
Para descargar e instalar actualizacións de aplicacións
1
Desde a pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Update Center > Sistema.
3
Para descargar unha actualización de aplicación concreta, seleccione a
actualización e logo pulse . Para descargar todas as actualizacións de
aplicacións dispoñibles, pulse . As actualizacións instálanse de xeito automático
despois de descargarse.
Actualización do dispositivo mediante un ordenador
Pode descargar e instalar actualizacións de software no seu dispositivo usando un
ordenador con conexión a Internet. Precisa dispoñer dun cable USB e un PC ou
ordenador Apple
®
Mac
®
co software Xperia™ Companion.
Se non ten o software Xperia™ Companion instalado no ordenador correspondente, conecte
o seu dispositivo ao ordenador cun cable USB e siga as instrucións de instalación da
pantalla.
116
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para actualizar o seu dispositivo usando un ordenador
1
Asegúrese de que o software Xperia™ Companion estea instalado no seu PC ou
no seu
®
Mac
®
de Apple.
2
Cun cable USB, conecte o dispositivo ao ordenador.
3
Abra Xperia™ Companion, no caso de que non se executase de xeito
automático.
4
Ordenador: Se se atopa unha nova actualización de software, amósase unha
ventá emerxente. Siga as instrucións en pantalla para realizar as actualizacións de
software correspondentes.
Cando conecte o dispositivo ao ordenador cun cable USB, solicitaráselle que instale o
software Xperia™ Companion, ou que cancele, a menos que seleccionase previamente
Non
mostrar de novo.