Ferramenta do ordenador
A función de Xperia™ Companion é axudarlle a conectar o seu dispositivo a un
ordenador e xestionar o contido, como por exemplo a cámara e o contido multimedia,
procurar ficheiros no seu dispositivo, e xestionar o software do seu dispositivo.
Xperia™ Companion
Xperia™ Companion é un software informático cunha colección de ferramentas e
aplicacións que pode usar cando conecte o seu dispositivo a un ordenador. Con
Xperia™ Companion, pode:
•
Actualizar ou reparar o software do dispositivo.
•
Transferir contido dun dispositivo antigo usando Xperia™ Transfer.
•
Realizar copias de seguridade e restaurar contido no seu ordenador.
•
Sincronizar contido multimedia (contido da cámara, música e listas de reprodución) entre
o dispositivo e o ordenador.
•
Buscar ficheiros no seu dispositivo.
Para poder usar Xperia™ Companion, cómpre dispoñer dun ordenador conectado á
Internet cun dos seguintes sistemas operativos:
•
Microsoft
®
Windows
®
7 ou posterior
•
Mac OS
®
X 10.8 ou posterior
Obteña máis información e descargue Xperia™ Companion para Windows en
http://support.sonymobile.com/tools/xperia-companion ou Xperia™ Companion para
Mac en http://support.sonymobile.com/tools/xperia-companion-mac .
115
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.