Información legal
Sony D5102/D5103/D5106
Esta guía do usuario está publicada por Sony Mobile Communications AB ou a súa compañía local asociada, sen
ofrecer ningún tipo de garantía. Debido a erros tipográficos, inexactitudes na información presentada ou melloras
nos programas e/ou equipos, Sony Mobile Communications AB pode levar a cabo melloras e cambios nesta guía
do usuario en calquera momento e sen previo aviso. Sen embargo, os cambios serán incorporados en novas
edicións desta guía do usuario. As ilustracións que figuran no manual serven para ilustrar o dispositivo e pode que
non describan con precisión o aspecto real do mesmo.
Todos os nomes de produtos e empresas aquí mencionados son marcas comerciais ou marcas comerciais
rexistradas dos seus respectivos propietarios. O resto de marcas comerciais pertencen aos seus respectivos
propietarios. Os dereitos non concedidos de xeito expreso neste manual están reservados. Visite
www.sonymobile.com/us/legal/ para obter máis información.
Esta guía do usuario pode facer referencia a aplicacións ou servizos fornecidos por terceiras partes. O uso destes
programas ou servizos pode requirir un rexistro independente co fornecedor que constitúe a terceira parte e pode
estar regulado por termos de uso adicionais. Con relación ás aplicacións ás que se accede directamente nunha
páxina web de terceiros ou por medio dela, consulte previamente os termos de uso e a política de privacidade do
sitio web en cuestión. Sony non garante a dispoñibilidade nin o funcionamento de ningún sitio web de terceiras
partes nin dos servizos fornecidos.
O seu dispositivo móbil ten a capacidade de descargar, almacenar e reenviar contido adicional como, por
exemplo, tons de chamada. O uso dese contido pode estar restrinxido ou prohibido por dereitos de terceiras
partes, incluída, pero sen limitarse a ela, a restrición de acordo coas leis de dereitos de autor aplicables. Vostede, e
non Sony, será o responsable dos contidos adicionais descargados ou reenviados desde o seu dispositivo móbil.
Antes de utilizar calquera contido adicional, verifique que o uso que ten previsto efectuar está autorizado ou que
dispón de licenza para este. Sony non garante a precisión, integridade ou calidade dos contidos adicionais ou de
terceiras partes. Sony non se fará responsable baixo ningunha circunstancia do uso non axeitado de contido
adicional ou de terceiras partes.
Visite
www.sonymobile.com para obter máis información.
Este produto está protexido por determinados dereitos de propiedade intelectual de Microsoft. Queda prohibido o
uso ou distribución da mencionada tecnoloxía fóra deste produto sen licenza previa por parte de Microsoft.
Os propietarios do contido utilizan a tecnoloxía de xestión de dereitos dixitais de Windows Media (WMDRM) para
protexer a súa propiedade intelectual, incluíndo dereitos de autor. Este dispositivo utiliza software WMDRM para
acceder a contido protexido mediante WMDRM. Se o software WMDRM non logra protexer o contido, os
propietarios do contido poden pedirlle a Microsoft que revogue a capacidade do software para utilizar WMDRM
para reproducir ou copiar contido protexido. A revogación non afecta a contido non protexido. Cando descarga
licenzas do contido protexido, acepta que Microsoft pode incluír unha lista de revogacións coas licenzas. É posible
que os propietarios do contido requiran que actualice o WMDRM para acceder ao seu contido. Se rexeita unha
actualización, non poderá acceder ao contido que require a actualización.
Este produto está protexido polas licenzas da carteira de patentes AVC e MPEG-4 visual para o uso persoal e non
comercial dun cliente para (i) codificar vídeo cumprindo o estándar visual MPEG-4 ("MPEG-4 video") ou o estándar
AVC ("AVC video") e/ou (ii) decodificar vídeo MPEG4 ou AVC xa codificado por un cliente dentro dunha actividade
persoal e non comercial e/ou que se obtivo dun proveedor de vídeo autorizado por MPEG LA para suministrar
vídeo MPEG-4 e/ou AVC. Non se concede ningunha licenza nin debe interpretarse implícita para calquera outro
uso. Pódese obter información adicional, incluíndo a relacionada con usos promocionais, internos, comerciais e de
licenza, de MPEG LA, L.L.C. Visite
www.mpegla.com. Tecnoloxía de descodificación de son MPEG Layer-3 con
licenza de Fraunhofer IIS e Thomson.
SONY MOBILE NON SERÁ RESPONSABLE DE NINGUNHA PÉRDIDA, BORRADO E/OU SOBRESCRITURA DE
DATOS PERSONAIS OU FICHEIROS GARDADOS NO SEU TELÉFONO (INCLUÍDO PERO NON LIMITADO A
CONTACTOS, PISTAS DE MÚSICA E IMAXES) QUE POIDA PRODUCIRSE POLA ACTUALIZACIÓN DO SEU
DISPOSITIVO POR CALQUERA DOS MÉTODOS DESCRITOS NESTA GUÍA DO USUARIO OU
DOCUMENTACIÓN. EN NINGÚN CASO A RESPONSABILIDADE TOTAL DE SONY MOBILE OU SEUS
FORNECEDORES CARA A VOSTEDE POR CALQUERA OU TODOS OS DANOS, PERDAS E CAUSAS DE
ACCIÓN (XA SEXA BAIXO CONTRATO O AGRAVIO, INCLUÍNDO, ENTRE OUTROS, A NEGLIXENCIA DE
CALQUERA TIPO) EXCEDERÁ A CANTIDADE PAGADA POR VOSTEDE POLO DISPOSITIVO.
©Sony Mobile Communications AB, 2014.
Todos os dereitos reservados
125
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.