Localizar un dispositivo perdido
Se ten unha conta de Google™, o servizo web my Xperia pode axudar a localizar e
protexer o seu dispositivo en caso de que o perda. Poderá:
•
Localizar o seu dispositivo nun mapa.
•
Establecer un aviso incluso se o dispositivo está en modo silencio.
•
Bloquear de xeito remoto o dispositivo e facer que amose a súa información de contacto
a calquera que o atope.
•
Como último recurso, baleirar de xeito remoto as memorias interna e externa do
dispositivo.
É posible que este servizo de my Xperia non estea dispoñible en todos os países ou rexións.
Para activar o servizo my Xperia
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Configuración > Seguridade > my Xperia > Activar.
3
Marque a caixa de verificación e pulse
Aceptar.
Para verificar que o servizo my Xperia pode localizar o dispositivo, vaia a
myxperia.sonymobile.com
e inicie sesión usando a mesma conta de Google™ que configurou
no seu dispositivo.