Sony Xperia T3 - Axustes xerais da cámara

background image

Axustes xerais da cámara

Descrición xeral dos axustes do modo de captura

Automático superior

Optimice os axustes para adaptalos a calquera escena.

Manual

Cambie os axustes da cámara de xeito manual.

Efecto RA

Tire fotos con escenas e personaxes virtuais.

Efecto creativo

Aplique efectos a fotos ou vídeos.

Timeshift burst

Seleccione a mellor foto dunha secuencia de imaxes.

Social live

Transmita vídeo en directo a Facebook™.

Varrido panorámico

Use este axuste para tirar fotos amplas e panorámicas. Simplemente prema a tecla da cámara e móvaa

firmemente dun lado a outro.

Retoque de retrato

Tire fotos con estilos de retrato en tempo real.

Automático superior

O modo Automático superior detecta as condicións de disparo e axusta

automaticamente os parámetros para garantir que tira a mellor foto posible.

Modo manual

Use o modo manual cando desexe configurar manualmente os axustes da cámara para

a toma de fotos e vídeos.

79

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Efecto AR

Pode aplicar efectos AR (realidade aumentada) ás súas fotos e facelas máis divertidas.

Esta configuración permítelle integrar escenas 3D nas súas fotos mentres as toma. Só

seleccione a escena que desexa e axuste a posición no visor.

Efectos creativo

Pode aplicar distintos efectos nas fotos e vídeos. Por exemplo, pode engadir un efecto

de nostalxia para que as fotos semellen máis antigas ou un efecto de bosquexo para

que a imaxe sexa máis divertida.

Timeshift burst

A cámara tira unha secuencia de 31 fotos nun intervalo de dous segundos, un segundo

antes e despois de premer a tecla da cámara. Así, pode volver e buscar a imaxe

perfecta.

Para usar Timeshift burst

1

Active a cámara.

2

Pulse e seleccione .

3

Para sacar fotos, prema a tecla da cámara totalmente e despois libérea. As fotos

tomadas aparecerán nunha vista en miniatura.

4

Desprácese polas miniaturas e seleccione a foto que desexe gardar, despois

pulse .

Social live

Social live é un modo de disparo da cámara que lle permite transmitir en secuencias

vídeo en directo na súa páxina de Facebook™. Só necesita ter unha conexión activa á

Internet e ter iniciada a sesión en Facebook™. Os vídeos poden ter ata 10 minutos.

Para emitir video en directo usando Social live

1

Active a cámara.

2

Pulse e seleccione .

3

Inicie sesión na súa conta de Facebook™.

4

Pulse para iniciar a emisión.

5

Para tirar unha foto durante a emisión, pulse .

6

Para deter a emisión, pulse .

Retocar retratos

Use esta característica para aplicar efectos de retoque ás fotos de retratos mentres as

tira para garantir os mellores resultados.

Para usar a característica Retocar retratos

1

Active a cámara.

2

Pulse e logo .

3

Pulse e seleccione o estilo de retrato que desexa aplicar na foto.

4

Para eliminar o estilo de retrato aplicado, pulse na cara do que quere fotografar na

pantalla da cámara.

5

Para comparar o estilo de retrato aplicado co retrato orixinal, toque e manteña

premida a pantalla da cámara.

6

Para tirar a foto, prema totalmente a tecla da cámara e, a continuación, sóltea.

Inicio rápido

Use os axustes de Inicio rápido para iniciar a cámara cando a pantalla estea bloqueada.

Só iniciar

Cando este axuste está activado, pode iniciar a cámara se a pantalla está bloqueada mantendo premida a

tecla da cámara.

Iniciar e capturar

80

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Cando este axuste está activado, pode iniciar a cámara e capturar unha foto automaticamente se a pantalla

está bloqueada mantendo premida a tecla da cámara.

Iniciar e gravar vídeo

Cando este axuste está activado, pode iniciar a cámara e iniciar a captura de vídeo se a pantalla está

bloqueada mantendo premida a tecla da cámara.

Desactivado

Xeoetiquetado

Etiquete fotos cos detalles do lugar onde se sacaron.

Captura táctil

Identifique unha zona de enfoque e logo toque a pantalla da cámara co dedo. A foto

tírase en canto levanta o dedo.

Son de foto

Escolla activar ou desactivar o son de foto.

Almacenamento de datos

Pode escoller gardar os seus datos tanto nunha tarxeta SD extraíble como no

almacenamento interno do seu dispositivo.

Almacenamento interno

As fotos ou vídeos se gardan na memoria do dispositivo.

Tarxeta SD

As fotos ou vídeos se gardan na tarxeta SD.

Balance de brancos

Esta función axusta o balance de cor segundo as condicións de iluminación. O axuste

do balance de brancos está dispoñible na pantalla da cámara.

Automático

Axusta o balance de cor de xeito automático segundo as condicións de iluminación.

Incandescente

Axusta o balance de cor en condicións de iluminación cálidas, como baixo lámpadas de luz.

Fluorescente

Axusta o balance de cor para a iluminación fluorescente.

Sol

Axusta o balance de cor para exteriores con ceo soleado.

Nubrado

Axusta o balance de cor para ceos nubrados.

Este axuste só está dispoñible no modo de captura

Manual.