Configuración da Internet e MMS
Para poder enviar mensaxes multimedia, ou acceder á Internet cando non hai ningunha
rede Wi-Fi® dispoñible, cómpre ter unha conexión de datos móbiles activa e coa
configuración correcta da Internet e MMS (Servizo de Mensaxería Multimedia).
Consellos:
•
Na maioría de redes e operadores, os axustes de Internet e MMS veñen preinstalados
no dispositivo. Pode comezar a usar a Internet e a enviar mensaxes multimedia neste
intre.
•
Nalgúns casos disporá da opción de descargar a configuración da Internet e MMS a
primeira vez que insira unha tarxeta SIM e acenda o dispositivo. Tamén é posible
descargar estes axustes posteriormente no menú Configuración.
27
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
•
Pode engadir, cambiar ou eliminar manualmente a configuración da Internet e MMS no
dispositivo cando o desexe. Contacte co seu operador de rede para obter información
detallada.
•
Se non pode acceder á Internet nunha rede móbil ou se a mensaxería multimedia non
funciona, aínda que descargara correctamente a configuración de Internet e MMS,
consulte as suxestións para a solución de problemas para o seu dispositivo en
www.sonymobile.com/support/
para problemas coa cobertura de rede, datos móbiles e
MMS.
Para descargar axustes da Internet e MMS
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Máis... > Axustes da Internet.
3
Pulse
Aceptar. Cando descargue correctamente os axustes, aparecerá na
barra de estado e os datos móbiles acenderanse de xeito automático.
Se non é posible descargar os axustes no dispositivo, comprobe a intensidade do sinal da
rede móbil. Vaia a un lugar aberto sen obstrucións ou achéguese a unha ventá e ténteo de
novo.
Comprobar se os datos móbiles están activados ou desactivados
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Máis... > Redes móbiles.
3
Comprobe se a caixa de verificación
Tráfico de datos móbiles está ou non
marcada.
Para engadir manualmente a configuración da Internet e MMS
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Máis... > Redes móbiles.
3
Pulse
Nomes de puntos de acceso > .
4
Pulse
Nome e introduza o nome que desexe.
5
Pulse
APN e insira o nome do punto de acceso.
6
Introduza a información que se lle requira. Se non sabe que información é
necesaria, contacte co seu operador de rede para obter máis detalles.
7
Cando remate, pulse , logo pulse
Gardar.
Para ver os axustes descargados da Internet e MMS
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Máis... > Redes móbiles.
3
Pulse
Nomes de puntos de acceso.
4
Para ver máis detalles, pulse calquera dos elementos dispoñibles.
Se ten dispoñibles varias conexións, a conexión de rede activa sinalarase mediante un botón
marcado .
Para eliminar todos os axustes da Internet e MMS
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Máis... > Redes móbiles.
3
Pulse
Nomes dos puntos de acceso e logo .
4
Pulse
Restabl. valores predeterm.. Elimínanse todos os azustes da Internet e
MMS.