Listas de reprodución
Na pantalla de inicio de “WALKMAN” pode crear as súas propias listas de reprodución
desde a música gardada no dispositivo.
Para crear listas de reprodución propias
1
Na pantalla de inicio de “WALKMAN”, toque e manteña o nome do álbum ou a
canción que desexe engadir a unha lista de reprodución.
2
No menú que se abre, pulse
Engadir a > Crear nova lista de reprod..
3
Introduza un nome para a lista de reprodución e pulse
Acept..
Tamén pode pulsar a portada do álbum e logo pulsar para crear unha lista de reprodución.
Para reproducir as súas propias listas de reprodución
1
Abra a pantalla de inicio de “WALKMAN” e logo pulse
Listas de reprodución.
2
En
Listas de reprodución, seleccione a lista de reprodución que desexe abrir.
3
Se desexa reproducir só unha canción da lista de reprodución, pulse o nome da
canción. Se desexa reproducir todas as cancións, pulse
Mesturar todas.
Para engadir cancións a unha lista de reprodución
1
Abra a pantalla de inicio de “WALKMAN”, navegue ata a canción ou o álbum que
desexe engadir a unha lista de reprodución.
2
Toque e manteña o título do álbum ou da canción e logo pulse
Engadir a.
3
Pulse no nome da lista de reprodución á que desexa engadir o álbum ou a
canción. O álbum ou a canción engádese á lista de reprodución.
Para eliminar unha canción dunha lista de reprodución
1
Nunha lista de reprodución, toque e manteña premido o título da canción que
desexe eliminar.
2
Pulse
Eliminar da lista de reprod. da lista que aparece.
Para eliminar unha lista de reprodución
1
Abra a pantalla de inicio de “WALKMAN” e logo pulse
Listas de reprodución.
2
Toque e manteña a lista de reprodución que desexe eliminar.
3
Pulse
Eliminar.
4
Pulse
Eliminar de novo para confirmar.
Non pode eliminar as listas de reprodución predeterminadas.