Recoñecer música con TrackID™
Use o servizo de recoñecemento de música TrackID™ para identificar unha pista de
música cando a escoite. Simplemente grave unha breve mostra da canción e nuns
segundos obterá información do intérprete, o título e o álbum. Pode mercar pistas
identificadas por TrackID™ e ver as listas de TrackID™ para comprobar o que buscan
os usuarios de TrackID™ de todo o mundo. Para obter os mellores resultados, use a
tecnoloxía TrackID™ nunha zona silenciosa.
1
Buscar música en liña
2
Ver opcións
3
Ver éxitos de música actuais
4
Ver o historial de resultados de busca
5
Pantalla principal para a gravación de música
6
Buscar a música que soa
Non todas as redes ou fornecedores de servizos de todas as áreas admiten a aplicación
TrackID™ e o servizo TrackID™, nin se admiten en todos os países nin en todas as rexións.
Para identificar música usando a tecnoloxía TrackID™
1
Desde a súa Pantalla de inicio, pulse
2
Localice e pulse
TrackID™ e logo suxeite o dispositivo cara á fonte de música.
3
Pulse . Se o servizo TrackID™ recoñece a pista, os resultados aparecen na
pantalla.
Para volver á pantalla de inicio de
TrackID™, prema .
Para ver éxitos de TrackID™
•
Abra a aplicación
TrackID™ e pulse Listas éxitos. Aparece un éxito da súa propia
rexión.
Para ver éxitos de TrackID™ doutras rexións
1
Abra a aplicación
TrackID™ e pulse Listas éxitos.
2
Pulse >
Rexións e logo seleccione un país ou rexión.
Mercar unha pista que recoñeceu a aplicación TrackID™
1
Despois de que a aplicación
TrackID™ recoñeza unha pista, pulse Descargar.
2
Siga as instrucións no seu dispositivo para completar a súa compra.
Tamén pode seleccionar unha pista se abre o
Historial e as pestanas Listas éxitos. Ademais,
pode comprar pistas identificadas por unha busca de texto en liña en
TrackID™.
73
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para compartir unha pista
1
Despois de que a aplicación
TrackID™ recoñeza unha pista, pulse Compartir e
seleccione un método para compartir.
2
Siga as instrucións no seu dispositivo para completar o procedemento.
Para ver información do intérprete dunha pista
•
Despois de que a aplicación
TrackID™ recoñeza unha pista, pulse Inf. intérprete.
Para eliminar unha pista do historial de pistas
1
Abra a aplicación
TrackID™ e pulse Historial.
2
Pulse o título dunha pista e despois pulse
Eliminar.
3
Pulse
Si para confirmar.