Acender o dispositivo por primeira vez
A primeira vez que acende o dispositivo, ábrese unha guía de configuración para
axudarlle a configurar os axustes básicos, iniciar sesión nalgunhas contas e personalizar
o dispositivo. Por exemplo, se dispón dunha conta de Sony Entertainment Network,
pode iniciar a sesión nela e configurala inmediatamente. Tamén pode descargar os
axustes da Internet.
Tamén pode acceder máis tarde á guía de configuración desde o menú de axustes.
Acender o dispositivo
Asegúrese de que a batería estea cargada polo menos 30 minutos antes de acender o
dispositivo por vez primeira.
9
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
1
Manteña premida a tecla de acendido ata que o dispositivo vibre.
2
Introduza o PIN da súa tarxeta SIM cando lle sexa requirido e logo pulse
.
3
Agarde durante un intre mentres o dispositivo se inicia.
Para desactivar o dispositivo
1
Manteña premida a tecla de acendido ata que se abra o menú de opcións.
2
No menú de opcións pulse
Apagar.
3
Pulse
Aceptar.
O dispositivo pode tardar un anaco en apagarse.